Os contadores de seguidores de Twitter quedan a cero temporalmente
luns, 10 de maio do 2010
Tras a detección dun fallo de seguridade en Twitter que permitía obrigar a unha conta seguir a outra, os responsables do servizo puxéronse mans á obra para arranxalo, o que tivo coma efecto colateral a posta a cero do contador de seguidores e seguidos de todas as contas durante varias horas, o que alarmou a moitos usuarios, pero que finalmente quedou nunha mera anécdota.