Os discos de vinilo superan en unidades vendidas aos CD
martes, 14 de marzo do 2023

- Relación entre millóns de dólares en ingresos e anos da música en formato fÃsico
A
industria discográfica estadounidense vén de facer un balance
do ano 2022, reflectindo un incremento en ingresos por sétimo ano
consecutivo (o que pode contrastar coa impresión que transcende dos artistas),
destacándose un detalle bastante curioso no informe: por primeira vez dende
1987 os discos de vinilo (con 41 millóns de unidades) terÃan superado en vendas
aos CD (con 33 millóns de unidades). Cómpre salientar que se analizamos os ingresos por
formato, o sorpasso do vinilo terÃase producido en 2020, cando os
álbums en CD facturaron 483,2 millóns de euros, mentres que os vinilos terÃan xerado
643,9 millóns de euros.
AÃnda que os discos de vinilo estean a medrar en vendas dende 2008, cómpre
salientar que estamos ante un fenómeno máis ligado ao coleccionismo que ao
consumo musical, xa que os soportes fÃsicos en 2022 só xeraron o 11% dos
ingresos da industria, mentres que o streaming domina xa o 84% da facturación.
Como exemplo do anecdótica que era a venda de vinilos podemos comentar que en
2007 xerou 48 veces máis cartos a venda de tons para móbiles, o que tamén é
unha boa mostra do moito que mudou o sector en poucos anos.
Pola súa banda, os CD carecen do atractivo nostálxico do vinilo como obxecto
fÃsico, e na actualidade resulta moi complicado atopar reprodutores deste
formato (nin os ordenadores persoais inclúen dende hai anos unidade óptica), de
aà que non sexa unha sorpresa que as súas vendas estean en caÃda libre.
No que respecta ao streaming, o sector musical goza de boa saúde, cun
incremento do 8% da facturación das subscricións en 2022, superando os 10.000
millóns de dólares e copando o 77% dos ingresos do streaming. A publicidade
(moi presente na versión de balde de Spotify e en servizos como YouTube)tamén
supón importantes ingresos para o sector, aÃnda que só medraron un 6% até
chegar aos 1.800 millóns de dólares.
Ao igual que acontece cos CD, as descargas dixitais non paran de caer, o no
último ano descenderon un 20% ata quedar en 495 millóns de dólares, polo que só
supoñen o 3% dos ingresos do sector, cando en 2012 chegaron a ocupar o 43% do
mercado, o que leva a pensar que estamos ante un modelo de negocio que poderÃa
desaparecer completamente en breve (ou, cando menos, quedar sen ningunha grande
plataforma que o ampare).
