Os dispositivos electrónicos con baterías de litio deberán transportarse nas cabinas dos avións
xoves, 25 de febreiro do 2016
O Consello de Goberno da Organización Internacional de Aviación
Civil (ICAO) adoptou
novas medidas de seguridade que de xeito provisorio prohiben o transporte de
baterías de Litio-Ion na adega das aeronaves, ou sexa, que a partires do 1
de abril, cando entran en vigor as novas medidas, os pasaxeiros que queiran
levar consigo dispositivos electrónicos que empreguen este tipo de baterías
deberán levalas como equipaxe de man, xa que non estará permitida a súa
facturación.
Ao parecer, esta medida manterase até o ano 2018, cando esperan que se peche un
estándar sobre o transporte de baterías de litio para evitar incidentes
provocados polos sobrequecemento das baterías, que chegaron a requirir
aterraxes de emerxencia.
As medidas especiais ante ordenadores, tabletas e outros dispositivos que
poidan funcionar con baterías de litio débense a que os sistemas anti-incendio
automáticos instalados nos avións non permiten a extinción dun lume provocado
pola explosión dunha batería deste tipo, o que dificulta o control temperán
deste tipo de lumes.