Os móbiles con Windows Phone 7.5/8.0 deixarán de recibir notificacións

luns, 19 de febreiro do 2018 Marcus Fernández

Poucos serán aínda os que teñan un smartphone con Windows Phone 7.5 ou Windows Phone 8.0, especialmente porque estes smartphones a partires de agora pasarán a ser produtos cunha funcionalidade extraordinariamente limitada, xa que a partires de mañá Microsoft cesará o seu servizo de notificacións push. De feito, non só deixarán de recibir notificacións, senón que tampouco recibirán actualizacións para as baldosas activas e tamén perderán o servizo de localización de teléfonos perdidos.
Dende Microsoft lembran que as notificacións si se manteñen en teléfonos con Windows Phone 8.1 e Windows 10, que aínda gozan de soporte completo, aínda que o número de aplicacións dispoñibles para os mesmos é extraordinariamente limitado.

PUBLICIDADE