Os novos obradoiros de SmartPEME poñen o foco na ciberseguridade, na transformación TIC ou no uso de podcasts
luns, 13 de febreiro do 2023
A
Deputación de Pontevedra, a través de SmartPEME,
oferta seis
novas formacións para esta semana, enmarcados na súa carteira
de obradoiros tecnolóxicos para persoas autónomas, pequenas e
medianas empresas e cidadanÃa en xeral. As accións tratarán a
ciberseguridade en dispositivos móbiles, a reorientación de
negocios tradicionais e familiares estancados, o uso de podcasts, a
promoción de alugueiros vacacionais, as tendencias de economÃa
dixital ou a promoción de negocios co perfil de empresa de Google.
Os
obradoiros darán comezo este luns 13 pola mañá co curso sobre
Ciberseguridade e dispositivos móbiles, para ver a
importancia de protexer os dispositivos móbiles que xa están a
desprazar aos PC na xestión cotiá dos negocios. Este obradoiro será
impartido por Manuel Freire, experto universitario en Robótica,
Programación e Impresión 3D.
O
martes impartirase unha nova formación guiada pola consultora e
adestradora empresarial, Isabel RodrÃguez. Dirixirá Reorientación
de negocios tradicionais e familiares que se atopen estancados un
obradoiro que ensinará a reorientación de negocios e, tendo en
conta a demanda do mercado, evitar o peche dos negocios familiares.
O
mércores 15 haberá dúas accións formativas; pola mañá a
graduada en Publicidade e Relacións Públicas, Laura Carrera,
impartirá o curso Audio márketing: crea e diferénciate da
competencia cos podcast, que ensinará como o uso dos arquivos
sonoros pode facer que un negocio destaque sobre a competencia. Na
quenda de tarde, Sonia Torres, técnica de empresas e actividades
turÃsticas, ofrecerá Promociona o teu alugueiro vacacional en
Booking, unha formación orientada a persoas emprendedoras,
autónomas e a empresas do sector turÃstico no que se ensinará a
crear e optimizar anuncios de aloxamentos e condicións e vantaxes da
plataforma Booking.
O
xoves 16 de febreiro, rematará a semana lectiva con outras dúas
formacións. Na mañá, no punto SmartPEME de Cambados, de novo
Manuel Freire impartirá o curso Tendencias de economÃa Dixital
2023. O obxectivo deste obradoiro é o de dar a coñecer as
principais tendencias tecnolóxicas para o 2023, cun repaso ás
tecnoloxÃas emerxentes e a evolución de outras xa existentes. Pola
tarde, o licenciado en comunicación audiovisual, Adrián Fernández,
impartirá o curso Promociona o teu negocio co perfil de empresa
de Google. A finalidade deste obradoiro é dar a coñecer a
ferramenta de Google, enfocada a negocios locais que busquen unha
maior visibilidade. O perfil de empresa de Google está pensado para
facilitar o aproveitamento, por parte dos pequenos comercios.
