Os números de teléfono 380AB servirán para recadar fondos para campañas solidarias

luns, 17 de marzo do 2014 Marcus Fernández

A Comisión Nacional do Mercado da Competencia aprobou a primeira asignación dos recursos de numeración necesarios para que os operadores de almacenamento e reenvío de mensaxes poidan iniciar os servizos de recadación de fondos en campañas de tipo benéfico ou solidario a través do rango habilitado 380AB, establecendo para que a asignación se leve a cabo , e asignando un total de 21 números para entidades como Cruz Vermella, a Fundación Internacional Josep Carreras, a Fundación Acción contra el Hambre ou a Fundación Unicef-Comité Español.
Dende 2008 xa existían un rango semellante (o 280AB) para recadar fondos en casos de emerxencias ou campañas benéficas, e as entidades que teñan un destes números terán prioridade ao solicitar un 380AB coa mesma terminación. Os 44 números 280AB actuais continuarán vixentes, aínda que é de agardar que a nova numeración colla máis peso nos vindeiros meses para permitir as achegas de contías máis significativas.
Os novos números terán un prezo para mensaxes de texto de entre 1,2 e 6 euros, facilitando a realización de aportacións solidarias a distintas causas por parte dos cidadáns, que evitan así o envío de numerosas mensaxes para achegar máis de 1,2 euros a unha iniciativa benéfica.

Asignación dos primeiros números 380AB