O fundador de SpaceX, Elon Musk, xuntouse co director xeral de T-Mobile, Mike Sievert, para anunciar un plan para revolucionar a conectividade móbil aproveitando a constelación de satélites de baixa altura de Starlink para achegar conectividade móbil nas zonas que actualmente están totalmente fóra de cobertura.
O servizo, que entrarían en probas a finais do ano que vén, chegaría inicialmente servizos de texto, como SMS, MMS e algunha outra aplicación de mensaxería que se sume á iniciativa, conseguindo así que manterse conectado en practicamente calquera parte. Máis adiante o servizo evolucionará para ofrecer tamén comunicacións de voz e de datos (aínda que non chegaría a dar banda larga móbil, senón que limitaríase a velocidade de entre 2 e 4 Mbps).
Dado que o acordo que pechou Musk foi con T-Mobile, polo momento esta iniciativa limítase ao territorio continental de EE.UU., Alaska, partes de Porto Rico e augas territoriais; abríndose a compañía á colaboración con operadores de todo o mundo para que este novo servizo poidan rematar achegando conectividade global.
Este novo servizo é especialmente interesante, xa que permitiría comunicar a persoas en lugares afastados e, moi especialmente, a actuación de servizos de emerxencias, podendo chegar potencialmente a calquera recanto do mundo no que haxa visión directa do ceo.
O impresionante desta tecnoloxía de comunicacións satélite-móbil é que non precisaría de teléfonos deseñados especificamente para comunicacións de satélite, senón que sería compatible con dispositivos actuais, polo que supón un dos meirandes saltos da historia para rematar coas zonas sen cobertura móbil a nivel mundial (aínda que cómpre lembrar que para poder operar en cada país precisa de autorizacións e alianzas puntuais, de aí que haberá que estar atentos para ver como evoluciona o proxecto nos vindeiros meses).
Os satélites de Starlink ofrecerán conectividade móbil onde actualmente non hai cobertura
Compartir Este Artigo
