Os traballadores de OpenAI ameazan con marchar da compañÃa se non volve Altman
luns, 20 de novembro do 2023- Satya Nadella xunto a Sam Altman nunha sesión de Microsoft Ignite en 2022
A polémica
marcha de Sam Altman de OpenAI é unha historia que está lonxe de rematar de
escribirse, e tras anunciarse que Microsoft
fichaba a Altman e outros traballadores de OpenAI para un novo equipo de
investigación sobre intelixencia artificial avanzada, asà como a designación de
Emmet Shear como novo director xeral de OpenAI, desatouse o caos dentro da compañÃa
especializada en IA.
Para deixar constancia do malestar dos traballadores de OpenAI, redactaron
un comunicado dirixido á directiva da compañÃa, no que indicaban o seu
rexeitamento polas medidas adoptadas contra Sam Altman e Greg Brockman. Os
traballadores non só critican que desestabilizasen a empresa coa súa decisión,
senón que tamén consideran que non argumentaron debidamente as súas actuacións,
e demostraron a súa neglixencia para dirixir OpenAI ao mudar a persoa a cargo
da dirección xeral da compañÃa só dous dÃas despois de designar a Mira Murati (quen
asegura que «OpenAI
non é nada sen a súa xente»).
Os traballadores de OpenAI teñen claro que a actual dirección é incapaz de
dirixir a compañÃa, polo que piden a súa renuncia inmediata, ameazando con
marchar a Microsoft de non ser asÃ. O retorno de Sam Altman e Greg Brockman é
unha esixencia irrenunciable, e a ameaza dos traballadores parece moi seria
(Microsoft comprometeuse a acollelos na súa nova subsidiaria).
Até o momento uns 738
dos 770 traballadores de OpenAI subscribiron o comunicado en oposición á
directiva actual, e como detalle especialmente rechamante figura entre os
primeiros asinantes Ilya Sutskever, quen está considerado o principal artÃfice
do despedimento de Altman, e quen xa manifestou en público o seu arrepentimento
polas súas accións, engadindo que fará todo o posible
para reunificar a compañÃa.
Sam Altman asegura que o seu equipo está máis unido e comprometido ca nunca, e
que traballarán
xuntos «dun xeito ou outro», ou sexa, que parece estar bastante claro que
nas vindeiras horas decidirase se Altman volve a OpenAI ou os traballadores de
OpenAI marchan a traballar con el a Microsoft.