Os xulgados galegos renovaron a meirande parte dos seus equipos informáticos
luns, 6 de febreiro do 2012
Tras a xuntanza da Comisión Mixta entre a Xunta de Galicia e
a FiscalÃa Superior de Galicia presidida polo fiscal superior de Galicia,
Carlos Varela, e o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e
Xustiza, Alfonso Rueda, para facer balance do Plan Senda de modernización da
Xustiza, deron conta de que o investimento que está a levar a cabo o Goberno
galego neste eido permitiu
que na actualidade só o 15% dos equipos informáticos dos xulgados galegos teña
máis de 5 anos, cando en 2009 tal porcentaxe era do 37%.
Durante o primeiro trimestre do ano está prevista a actualización de 500 postos
de sobremesa e 500 equipos portátiles, e grazas as estas actuacións conseguiuse
que nas cidades de A Coruña, Ferrol, Santiago e Vigo xa se renovaran todos os equipos
anteriores ao ano 2005, estando a completarse unha actualización equivalente en
Pontevedra e Ourense.
Dentro desta actualización tecnolóxica tamén se implantaron 22 novos servizos
de videoconferencia para FiscalÃa, avanzouse na dotación de medios que permitan
desenvolver actuacións dos fiscais en mobilidade e contribuÃuse na integración
dos sistemas de información Fortuny e Minerva.

- Alfonso Rueda presidiu a xuntanza
