Outlook pre-estrea aplicación para Android
xoves, 12 de xuño do 2014
Hai preto dun ano o Outlook de
Microsoft chegou a iOS a través dunha aplicación cunha estética máis propia
de Windows Phone, e agora repiten a xogada con dispositivos con Android, aÃnda
que non para todos, xa que OWA
(Outlook Web App) para Android pre-estréase dispoñible só
para uns poucos terminais con Android 4.4 ou superior e para usuarios da
versión corporativa de Office 365, limitacións que chegan en boa medida porque
estamos ante unha versión de proba, que busca probarse en dispositivo con
pantallas de tamaño cativo ou normal, xa que a aplicación non está adaptada aÃnda
para tablets.
A nova ferramenta abre o acceso dende Android aos servizos de Outlook (correo
electrónico antes coñecido como Hotmail), Xente (contactos) e Calendario
(axenda), e como interesante novidade permite a sincronización de contactos co
dispositivo, de xeito que cando actualicemos a información dunha persoa no
teléfono os cambios reflectiranse tamén en OWA.
OWA para Android permite organizar o correo electrónico, buscar entre as nosas
mensaxes, integra aplicacións nas mensaxes recibidas (por exemplo, aplicando o
servizo de maps de Bing aos enderezos que vexamos), facilita a xestión completa
do noso calendario, permite empregar a voz para buscar contactos ou amosar a
nosa axenda, mantén seguros os datos de empresa e incluso permite o borrado
remoto de datos en caso de perda ou roubo.