PlayStation 4 terá a versión definitiva de Ultra Street Fighter IV
luns, 12 de xaneiro do 2015
Ao anunciar o xogo Street
Fighter V, tÃtulo que inicialmente non chegará a Xbox One, Capcom amosou
unha boa sintonÃa con Sony, e para deixar aÃnda máis clara a súa predilección
pola compañÃa nipoa, continúan a dar conta doutro xogo de loita que chegará
antes, o Ultra Street Fighter IV, que
será a adaptación do Street Fighter IV
á PlayStation 4, e que, como boa nova para os usuarios que teñan pensado
facerse con el, adiantan que incluirá
non só todos os traxes das versións de PS3 e Xbox 360, senón tamén outros
contidos descargables lanzados hai pouco (como os traxes Vacation
e Wild).
E para facer aÃnda máis redonda a que promete ser a edición definitiva de Ultra Street Fighter IV, o xogo incluirá
o Modo Omega, que muda os ataques normais e especiais de cada personaxe para
darlle un toque refrescante a un xogo que xa ten seis anos ás costas.

- Entre os traxes alternativos que incluirá Ultra Street Fighter IV para PS4 están algunhas novidades bastante divertidas
