PlayStation Plus prepara a incorporación de grandes xogos este mes
mércores, 13 de marzo do 2024
O catálogo de xogos de PlayStation Plus de marzo vén de desvelarse, e dificilmente poderÃa ser mellor, xa que inclúe unha selección de tÃtulos que destaca tanto polo boa recepción que tiveron no seu momento como pola súa diversidade, de xeito que satisfarán a un amplo abano de xogadores.
Os xogos que se incorporarán a partir do 19 de marzo ao catálogo de PlayStation Plus Extra e Premium serán NBA 2K24 Edición Kobe Bryant para PS4 e PS5 (que achega a mellor experiencia de baloncesto que podemos ter en consolas de videoxogos), Marvel’s Midnight Suns para PS4 e PS5 (un xogo de rol de estratexia con personaxes da editorial Marvel que conseguiu un grande éxito na súa proposta de enfrontar a coñecidos superheroes contra forzas demonÃacas), Resident Evil 3 para PS4 e PS5 (unha atractiva revisión do clásico de Capcom de 1999 que permite revivir a caÃda de Raccoon City), LEGO DC Super-Villains para PS4 (un dos moitos xogos de superheroes de LEGO, que mantén a diversión para toda a familia habitual), Mystic Pillars: Remastered para PS5 (un orixinal xogo de quebracabezas que nesta ocasión chega con gráficos 4K debuxados a man), Blood Bowl 3 para PS4 e PS5 (unha revisión violenta do fútbol americano), Super Neptunia RPG para PS4 (un xogo de rol de acción de desprazamento lateral con estética de animación xaponesa) e Dragon Ball Z: Kakarot para PS5 (xa estaba dispoñible a versión para PS4, pero agora poderase gozar da versión optimizada para PS5 deste tÃtulo inspirado na serie de animación de As Bólas Máxicas).
No caso dos subscritores de PlayStation Premium tamén teremos varios novos clásicos dispoñibles, como Jak and Daxter The Lost Frontier para PS4 e PS5, Cool Boarders para PS4 e PS5, God Eater Bust para PS4 e PS5, Phoenix Wright: Ace Attorney Trilogy para PS4 e Jojos Bizarre Adventure AllStar Battle R.
Tamén informan de que a partir de hoxe os usuarios de Sony Pictures Core subscritos a PlayStation Plus Premium/Deluxe poderán acceder a unha selección de contido de Crunchyroll.