Poderemos empregar WhatsApp en varios dispositivos á vez
mércores, 30 de outubro do 2019
Unha das demandas históricas dos usuarios de WhatsApp é
poder empregar a aplicación de mensaxerÃa en dispositivos que vaian máis aló do
seu smartphone, limitación imposta polo sistema de cifrado da aplicación, que
funciona de extremo a extremo e, de feito, a única opción que ten actualmente
nesta liña é un acceso remoto vÃa web á aplicación móbil, o que non resulta
práctico en moitas ocasións.
Pero este atranco parece estar en vÃas de solucionarse, e dende
WABetaInfo desvelaron en abril que a aplicación de WhatsApp para iPad estaba en
pleno desenvolvemento, matizando agora que a aplicación
xa está lista, pero non verá a luz oficialmente ata que WhatsApp estree
unha caracterÃstica que permitirá utilizar WhatsApp en varios móbiles á vez.
Temos asà que aÃnda que para algúns o adiamento da aplicación para iPad sexa
unha mala nova, que o motivo sexa que están a buscar unha solución xeral para
poder empregar WhatsApp en varios dispositivos á vez é unha nova magnÃfica. Non
se coñecen os prazos previstos para tal novidade, pero é indiscutible que será
moi ben recibida, xa que actualmente existen moitas solucións para empregar o
mesmo número de teléfono en varios dispositivos á vez, pero ao non poder facer
o mesmo con WhatsApp en mercados onde o uso de tal aplicación é masivo o uso de
solucións como as multiSIM perde bastante o sentido (xa que o dispositivo
secundario non poderÃa gozar da mensaxerÃa instantánea).
