Ponteceso inaugura a súa Biblioteca Dixital
xoves, 9 de marzo do 2023
A
subdelegada do Gobierno na Coruña, María Rivas, acompañada polo
alcalde Xosé Lois García, participou este martes 7 de marzo na
presentación da Biblioteca Dixital de Ponteceso, que contou coa
presenza dos irmáns Bolechas. Grazas á plataforma eBiblio do
Ministerio de Cultura, desde a xornada deste martes a
Biblioteca Dixital de Ponteceso terá acceso a 8.000 ebooks,
6.000 para público adultos, 2.000 para público infantil e 162
revistas, que tanto as usuarias como os usuarios poderán
descargarse de maneira gratuíta en calquera dispositivo móbil.
María
Rivas subliñou que “coa plataforma eBiblio, o Goberno ten como
obxectivo dotar de igualdade de oportunidades e acceso á cultura a
toda a cidadanía con independencia do lugar no que viva, ademais de
reducir a fenda dixital”.
Durante
a presentación, María Rivas deu os parabén ao Concello por
aproveitar os recursos que o Goberno pon ao dispor de toda a rede de
bibliotecas públicas españolas.
María
Rivas fixo fincapé en que “programas como eBiblio forman parte da
aposta do Gobierno de España e da colaboración con todos os
municipios sobre todo cos municipios máis pequenos para facer reto á
fronte demográfico e á loita contra o despoboamento, fomentando a
cohesión territorial”.
Milleiros
de libros e revistas
A
plataforma dá acceso directo a milleiros de libros e revistas en
castelán e algúns títulos en galego. Segundo se explicou na
presentación, calquera neno ou nena que traia unha tableta ou libro
electrónico poderá marchar con ata sete libros infantís e xuvenís
emprestados no seu dispositivo, así como revistas actuais e
anteriores na hemeroteca.
"Imos
prestar un libro electrónico ás persoas vulnerables que non poidan
acceder a mercar o seu propio dispositivo. Todas as persoas van ter
acceso á lectura en dixital, e dende o Concello imos impulsar o
acceso universal", indicou o alcalde, Xosé Lois García. Entre
os títulos que se poderán levar prestados este martes nos
dispositivos electrónicos están estes once títulos dos Bolechas:
•
Os hábitats
•
Os deportes
•
Florencio Delgado Gurriarán.
•
Xela Arias
•
Castelao
•
Os Bolechas coidan as mascotas da vecina.
•
Ramón Otero Pedraio.
•
Rosalía de Castro.
•
A música.
•
Os Bolechas van nunha nave espacial.
•
Como nacemos.
Autor:
Pepe Carreiro.
