Praza.gal e Criticalia, galardoados pola comunidade de Fervenzas Literarias

martes, 17 de xaneiro do 2017 Redacción

O portal galego Fervenzas Literarias vén de dar a coñecer os nomes das obras e das canles de comunicación preferidas pola comunidade de Fervenzas en 2016. Dito doutro xeito: o mellor da creación novelística, poética, teatral, ensaística, xornalística e blogueira do ano que vimos de deixar atrás. No plano dixital, o que nos ocupa, as contribucións gañadoras foron, por unha banda, o xornal en liña independente Praza.gal (Mellor medio de comunicación), e pola outra, o blog Criticalia de Armando Requeixo (dentro da categoría Mellor blog/web).
Por certo que o crítico literario Armando Requeixo tamén foi recoñecido nos premios na modalidade Mellor crítico/a. Os galardóns foron dados a coñecer esta semana, tras pecharse o día 15 o prazo das votacións. En total, a comunidade dixital de Fervenzas achegou preto de medio milleiro de enquisas válidas.

PUBLICIDADE