Non chegou con entrar na Dark Web para librarse dos bloqueos, e o que ata o momento era o buscador de ficheiros da rede BitTorrent máis popular, KickassTorrents, está fóra de servizo. A razón? As autoridades norteamericanas solicitaron a incautación de sete dos nomes de dominio do buscador, a conxelación dunha conta bancaria, e tamén conseguiron que o seu responsable, o ucraíno Artem Vaulin, fose arrestado en Polonia baixo a acusación de conspiración para a infracción do copyright e lavado de cartos, e persigan agora a súa extradición aos EE.UU.
Esta operación deixa fóra de servizo o buscador de torrents máis empregado actualmente a nivel mundial, acusado de facilitar a distribución ilícita de máis de 1.000 millóns de dólares en material protexido. Vaulin conseguira evitar as accións na súa contra con servidores repartidos por variso países, e numerosos dominios de Internet, que estímase que ten máis de 50 millóns de usuarios únicos ao mes e sería a páxina web número 69 en visitas a nivel mundial podendo chegar a ingresar máis de 16 millóns de dólares en publicidade no presente ano.
Ao parecer os investigadores que conseguiron identificar e localizar a Vaulin finxiron ser un anunciante, o que facilitoulles conseguir o seu número de conta bancaria e un enderezo IP, conseguindo así cruzar información para identificar e localizar ao responsable de KickassTorrents.
ACTUALIZACIÓN: A xeito de reivindicación, e posiblemente como unha simple
anécdota, vén de nacer un clon de
KickassTorrents baixo outro novo dominio, instándose dende esa páxina web a
asinar
unha petición en Charge.org e outra na
Casa Branca para pedir a liberación de Artem Vaulin, media que dificilmente
será efectiva, pero que axuda a visibilizar que a erradicación das plataformas
de P2P resulta moi complicada, xa que poden proliferar coma cogomelos.
