Presentan o Libro Branco da Produción Audiovisual Virtual en España
mércores, 2 de outubro do 2024
No marco da cuarta edición do encontro Iberseries & Platino Industria tivo lugar o acto de presentación do Libro Branco da Produción Audiovisual Virtual en España da man de Luis Cueto (Spain Audiovisual Hub), Juan Manuel Guimeráns (Spain Film Commission), Nerea San Juan (Andersen) e Juan Alía (EGEDA).
O texto, que pode consultarse integramente en liña, dividido en tres grandes apartados (integración da tecnoloxía virtual na produción audiovisual, implicacións xurídicas en material de propiedade intelectual e dereitos de imaxe na produción audiovisual virtual e protección do patrimonio cultural incorporado a contornos virtuais) dende o que achegan propostas concretas para adaptar a normativa e promover a competitividade do país nun contorno global cada vez máis dixitalizado, consolidando a España como un referente en rodaxes virtuais a nivel internacional.
Cómpre salientar que entre os coordinadores deste libro branco figura o galego Manuel Meijide, director de Mundos Digitales, congreso nos que nos últimos anos as producións audiovisuais virtuais adoptaron un rol moi relevante, como resposta á súa presenza cada vez maior no sector audiovisual.