Presentan unha capa de realidade aumentada sobre o Camiño de Santiago
luns, 12 de xullo do 2010
A empresa compostelá Signo leva un
tempo desenvolvendo unha capa de realidade aumentada sobre o Camiño de Santiago
para a aplicación Layar (dispoñible para multitude de terminais móbiles dotados
de GPS e compás dixital), e finalmente este traballo chegou a bo porto, presentándose
esta mañá por parte do director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo,
Ignacio Santos, quen defendeu que as TIC «son unha ferramenta idónea para a transmisión dos valores e o
enriquecemento que supón a experiencia do Camiño de Santiago».
A
aplicación móbil contribuirá a que o Camiño de Santiago transcenda á
celebración deste Ano Santo, asà como a levar os contidos da páxina web do
Xacobeo a novos soportes.
A capa de información sobre o Camiño presentada a través de Layar achega aos
camiñantes con smartphones compatibles
a posibilidade de acceder a información en tempo real sobre albergues,
programación ou puntos de interese. AÃnda que estes contidos son de balde, é
preciso rexistrase coma usuario na páxina web do Xacobeo para poder acceder aos
mesmos dende o móbil.
A presentación da capa de realidade aumentada sobre o Camiño vista polas cámaras de Correo TV
