Preto de 9 mil mulleres traballan no sector TIC galego
martes, 7 de marzo do 2023
Os cadros de
persoal das empresas tecnolóxicas de Galicia están formados nun 67% por homes e
nun 33% por mulleres aÃnda que nos últimos anos estase a experimentar un cambio
de tendencia, ao crecer a maior ritmo o emprego feminino que o masculino.
Segundo os datos
do Instituto Galego de EstatÃstica (IGE) analizados polo Observatorio da
Información e a Modernización de Galicia (Osimga), o
sector tecnolóxico empregaba a un total de 8.983 mulleres en 2022, o que
supuxo un crecemento dun 5,5% con respecto a 2021. No caso dos homes tamén
houbo crecemento no emprego, pero foi do 5%.
En canto aos
estudos superiores, tamén segue a ser inferior a presenza de mulleres nas
carreiras relacionadas coas enxeñarÃas e a arquitectura, nas que representan o
26,9% do alumnado. O dato contrasta coa situación xeral no sistema
universitario, no que máis do 55% do alumnado son mulleres.
Sen fenda dixital na cidadanÃa
No que se refire
ás habilidades dixitais da cidadanÃa, a fenda dixital non é perceptible en
Galicia, xa que tanto no uso de dispositivos electrónicos como no uso de
internet a porcentaxe de mulleres usuarias é superior á dos homes.
O informe Mulleres
en Dixital: o uso das TIC desde unha perspectiva de xénero, que hoxe
pública o Osimga, indica que a porcentaxe que mulleres que declaran que
accederon á Internet nos últimos tres meses é dun 89,6%, seis décimas máis que
no caso dos homes.
Ademais, un 91,5%
das mulleres declarou que utiliza dispositivos electrónicos, fronte ao 90,8%
dos homes.
O único tramo de
idade no que se mantén unha porcentaxe de usuarias inferior ao de usuarios é o
que vai dos 65 aos 74 anos, no que as mulleres se sitúan a 2,3 puntos
porcentuais dos homes. Asà e todo, neste tramo de idade, as mulleres aumentaron
en 4,3 puntos porcentuais o uso de internet no último ano, fronte aos 2,3
puntos de diferencia no caso dos homes.
Iniciativas da Xunta para eliminar as fendas de xénero
A especialización
tecnolóxica e o avance cara a unha sociedade dixital e inclusiva son dúas das
liñas principais da Estratexia Galicia Dixital 2030 da Xunta.
Entre as
iniciativas da Administración autonómica para o logro dos obxectivos asociados
a ambas liñas destaca a rede de aulas CeMIT, posta en marcha pola Axencia para
a Modernización Tecnolóxica de Galicia en colaboración coa Federación Galega de
Municipios e Provincias. Conta con cerca de 110.000 persoas usuarias, das que o
60% son mulleres. Traballa de forma conxunta coa Programa de Voluntariado
Dixital, formado por 700 persoas, das que o 60% son mulleres.
Entre outras
actividades, as aulas desenvolven programas de inserción laboral e
emprendemento como o denominado Muller TIC. En canto á promoción das vocacións
tecnolóxicas ofertáronse durante estes últimos anos iniciativas como os
obradoiros tecnolóxicos Tech Kids, dirixidos a nenas de entre 8 e 15 anos asÃ
como outras actividades con carácter steam. No ámbito da inclusión dixital
destacan programas dirixidos a colectivos en risco de exclusión, como exemplos
disto son as actividades Son muller e non estou soa ou Competencias dixitais
para mulleres do rural.
As aulas CeMIT
son tamén o escenario para a obtención do certificado de competencias dixitais.
Máis de 5.100 persoas obtiveron este certificado na rede CeMIT, das que o 70%
son mulleres. Esta porcentaxe apenas superaba o 50% en 2014.
Actualmente,
estase a traballar na posta en marcha do novo Certificado Galego de
Competencias Dixitais e a Rede de aulas CeMIT está nun proceso de ampliación e
modernización.
Actuacións de impulso do talento dixital feminino
O fomento das
vocacións dixitais entre as mulleres é tamén un obxectivo do Plan DigiTalent
2030. En concreto, co novo Plan de impulso á inclusión, capacitación e talento
dixital en Galicia, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
(Amtega) continua a poñer o foco no apoio e promoción da redución da fenda de
xénero, co obxectivo de espertar as vocacións cientÃfico-tecnolóxicas entre as
nenas.
Durante o verán
de 2022, a Axencia autonómica, en colaboración coa Asociación de Empresas
Galegas de Software Libre (Agasol) puxo en marcha unha nova edición do Programa
Girl STEAM, unha iniciativa que busca favorecer o uso da tecnoloxÃa dende unha
perspectiva igualitaria, inspiradora e creativa durante a infancia e a
adolescencia que aumente a visibilidade do rol da muller no sector tecnolóxico.
De xullo a
setembro, ata 250 rapaces e rapazas de 8 a 15 anos tiveron a oportunidade de
participar nos obradoiros formativos que se celebraron en 16 concellos galegos,
ademais das instalacións do GaiásTech na Cidade da Cultura.
Durante o mes de outubro, púxose en marcha a
II Edición do Programa Tech Kids: Ciberseguranza Kids, en colaboración co
Colexio Profesional de EnxeñarÃa Informática de Galicia (CPEIG). Este programa
ten por obxectivo achegar aos máis pequenos e pequenas os valores, normas e lÃmites
para unha navegación segura na Internet. A iniciativa desenvolveuse en formato
contacontos, mesturando a narración e a ilustración cunha perspectiva lúdica e
unha dinámica altamente interactiva na que participaron 28 centros escolares de
Galicia e máis de 800 nenos e nenas de 3 a 12 anos.
