Quobis Networks consolÃdase no mercado latinoamericano co apoio de Galicia Avanza
mércores, 21 de xuño do 2023- Visita de Patricia Argerey á sede Quobis durante o pasado mes de febreiro
A
empresa galega Quobis Networkis, referencial firma tecnolóxica do
Porriño (con 17 anos de traxectoria e centrada en servizos de
integración, solucións propias e soporte técnico de redes a
operadoras e grandes empresas), compartiu novos detalles dos seus recentes logros en materia de novos mercados, un proceso que se apoiou en
parte en Galicia Avanza, programa de internacionalización de pemes
tecnolóxicas e innovadoras galegas impulsado pola Xunta (a través
de GAIN e o IGAPE) e a Tecnópole (Parque Tecnolóxico de Galicia). Boa parte desta información foi avanzada pola empresa durante a visita ás súas instalacións de Patricia Argerey, directora de GAIN.
Quobis,
que conta cun persoal de 45 profesionais, acadou en 2022 unha
facturación de 4,3 millóns de euros, dos cales o 70% proviña do
mercado nacional e o 30% restante do exterior.
Como
dixemos, foi unha das empresas beneficiarias de Galicia Avanza e
durante o seu paso polo programa, recibiu asesorÃa e apoio para
incrementar a presenza internacional da súa plataforma Quobis
Communication Platform en paÃses de Latinoamérica como México e
Colombia. Trátase dunha plataforma baseada en tecnoloxÃa WebRTC que
permite a operadoras e grandes empresas soportar múltiples casos
personalizados, achegando capacidades multimedia de última xeración
ás redes de voz existentes.
Ademais
da parte formativa, a participación en Galicia Avanza comprendeu
unha serie de accións orientadas a gañar presenza na outra beira do
Atlántico que se materializou por unha banda na participación nun
evento sectorial en Miami para a localización de partners e,
pola outra, na realización dun estudo de mercado para coñecer o
grao de implantación das solucións tecnolóxicas no territorio.