R apoiará ás empresas galegas na integración de tecnoloxías de Intelixencia Artificial
luns, 8 de xuño do 2020
A
operadora galega R vén de dar un
novo e importante en paso na súa vertente de apoio á innovación
empresarial e ao emprendemento, unha liña de traballo que ten
achegado fitos tan relevantes como a
aceleradora de proxectos DiCo Challenge. Agora, a través da área
Empresas, a operadora (e todo o grupo Euskatel do que forma parte)
incorporou un equipo especializado en Intelixencia Artificial para
apoiar as empresas galegas na aplicación de ferramentas smart.
Trátase da iniciativa BAI Analytics, que desenvolverá un grupo de
expertos en IA co obxectivo de aumentar a competitividade do noso
sector.
BAI
Analytics porá o foco en satisfacer a que, en palabras de R,
constitúe unha das principais necesidades das organizacións
empresariais: obter valor e manter a súa competitividade mediante o
uso das últimas ferramentas e técnicas de datos a un prezo
accesible. Respecto do grupo de expertos que dará apoio, xorde para
“cubrir as necesidades comerciais, tecnolóxicas e científicas
desta nova capacidade nas empresas, achegando experiencia e
coñecemento das mellores prácticas na construción, posta en marcha
e xestión de análises sofisticadas co obxectivo de incrementar os
ingresos das empresas clientes, aumentar a súa eficiencia, mellorar
a experiencia co cliente e xestionar eficazmente o risco da
organización”.
Segundo
explicou a operadora galega, nos últimos anos a Intelixencia
Artificial (IA) abriu novos camiños á hora de mellorar modelos
operativos empresariais, aínda que, en xeral, a un custe elevado de
máis para o groso dos negocios. Porén, a compañía constata unha
tendencia a converter estes recursos en máis accesibles
economicamente, con contribucións tecnolóxicas cada vez máis
democráticas e con capacidade para facer avanzar a actividade dunha
manchea de organizacións, que poden “construír e despregar a súa
IA de forma segura, rápida en rendible”. Neste senso, R recoñece
o seu interese por lograr o máximo espallamento posible das
tecnoloxías intelixentes no tecido galego, “comezando por facelo
internamente”. Para iso, explica, BAI Analytics está a desenvolver
solucións de xeito interno con vistas a que a súa experiencia sirva
de exemplo para os clientes.
Para
Isidro Fernández de la Calle, director de Empresas de R e do Grupo
Euskaltel, “o que diferenciará os gañadores e perdedores agora
non son os mellores científicos de datos ou os mellores datos, ou
mesmo a tecnoloxía máis sofisticada, senón a capacidade de
aproveitar estas tecnoloxías da mellor maneira para resolver un
maior número de problemas que lles dean os maiores impactos nas súas
contas de resultados. Por esta razón creamos unha nova iniciativa
centrada en Intelixencia Artificial”.
BAI
Analytics basease a súa actividade na seguinte premisa: é posible
obter grandes resultados para o negocio a través dunha aplicación
correcta de casos de uso ou mesmo aplicando casos de uso xa
existentes, con este tipo de tecnoloxía.
