R e Cinfo lanzan unha plataforma educativa en streaming baseada en Intelixencia Artificial
mércores, 3 de marzo do 2021
- O sistema Edustream xa foi aplicado ás aulas da Universidade da Coruña
As
empresas galegas R e Cinfo xuntaron forzas para levar as vantaxes da
Intelixencia Artificial aos centros docentes para mellorar as
capacidades, as funcionalidades e a operatividade da teleformación.
En concreto, a operadora de telecomunicacións e o seu socio
tecnolóxico Cinfo lanzaron unha plataforma educativa por Internet
(en streaming) para que o profesorado poida dar clases
fisicamente dende as aulas e en remoto de deixo simultáneo. Deste
xeito, facilitaríase o traballo dos docentes nas clases, que terían
conexión directa, en streaming, cos estudantes que se atopan
conectados nos seus fogares. E todo isto co engadido extra de contar
con alta calidade de vídeo e audio (IA + sistema Live Video).
R e
Cinfo salientan que “ao tratarse dun servizo na aula física, o/a
mestre/a só ten que pór un micrófono de lapela e xa pode erguerse
e moverse pola aula con total naturalidade, ou sentar e escribir”.
Pola súa banda, engaden, “as e os estudantes simplemente
conéctanse rexistrándose coas súas credenciais, sempre
contrastadas na base de datos do cliente, e acceden a unha listaxe de
aulas asignadas de entre as que escollen, cun só clic, aquela onde
se vaia impartir a clase. en primeira fila, sen descoidos e con
calidade á medida”.
A
plataforma educativa Edustream conta cun sistema de cámaras de
alta calidade, codificadores e micros que “posibilitan o encadre e
seguimento do profesorado en todo momento e as capturas de pantalla
do proxector ou encerado, tanto dixital como tradicional”, destacan
Cinfo e R, engadindo que “o alumnado en remoto asiste á clase coma
se estivese sentado en primeira fila da aula”.
Edustream
dispón tamén dun sistema que posibilita manter un chat aberto en
directo e realizar preguntas, capturas de pantalla, pausar e arrincar
de modo sinxelo as clases ou visualizalas tantas veces como se queira
a posteriori”.
O
sistema pon en xogo a tecnoloxía de streaming HLS
multibitrate, que se axusta ao largo de banda
dispoñíbel
e aos dispositivos que teña o/a alumno/a, que pode seguir as clases
dende o móbil, a tableta, o computador, a TDT ou mesmo unha Smart
TV. Polo que respecta ao consumo de banda larga, “regúlase
configurando as cámaras avanzadas do sistema e, así, só se utiliza
o necesario para as clases activas en cada momento. durante a crise
sanitaria e despois dela”, engaden.