R incorpora na súa grella LaLiga 123 TV
xoves, 23 de agosto do 2018
A
operadora de
orixe galega R anunciou hoxe a incorporación á súa grella de
televisión de LaLiga 123 TV. Este engadido de contidos
deportivos á programacón, que será moi ben recibida entre os
seareiros do fútbol, porá a disposición dos espectadores até dez
partidos por xornada. Por outra banda, o servizo vén con engadidos
“extra” para a xente da nosa terra, xa que non podemos esquecer
que haberá dous equipos galegos, o Lugo e o Deportivo da Coruña,
loitando con outros 20 equipos para subir a Primeira División.
R
informa que de estarmos interesados en ver os 10 partidos devanditos,
só teremos que sintonizar o dial 81 e superiores (no caso de que se
emitan varios encontros ao mesmo tempo).
Ademais,
engade a operadora, os clientes que conten con paquetes TV Familia,
TV Total e TV Festa Rachada poderán acceder de balde aos novos
contidos deportivos: terano por defecto e sen pagar máis se xa teñen
un dos devanditos paquetes. No caso de que teñan un paquete básico
de televisión, poden contratar a canle, á carta, por só 5€/mes.