Realizan o primeiro videochat espacial
xoves, 30 de novembro do 2006
Thomas Reiter, o astronauta xermano que se atopa actualmente na Estación Espacial Internacional realizou o primeiro videochat en vivo pola Internet dende o espazo, de xeito que durante 15 minutos o centro de astronautas europeo en Colonia puido transmitir a Reiter numerosas preguntas remitidas por internautas.
As cuestións ás que tivo que responder o astronauta foron dende curiosidades como se durme ben no espazo ata se a destrución ambiental do planeta se pode ver dende a súa órbita.
Ata o momento xa se tiñan realizado numerosas videoconferencias con astronautas, pero esta é a primeira ocasión na que se fai un videochat.
