Rede Eléctrica mostra en Santiago a súa experiencia en transformación dixital
martes, 16 de xullo do 2019
O
desafÃo da transformación tecnolóxica vainos atopar, no medio do
camiño empresarial, queirámolo ou non. Para afrontalo coa maior
capacitación posÃbel, o o Colexio de
Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) está a impartir un
amplo programa de charlas divulgativas a través da súa Oficina de
Transformación Dixital (OTD): trátase de mostrarnos experiencias de
outros profesionais e empresas que xa resolveran o devandito reto, co
fin de interactuar con eles e extraer datos de valor. Un deles é
Carlos González Patiño, delegado da Rede Eléctrica de España
(REE), quen falou da súa experiencia nunha sesión do dito colexio
celebrada en Compostela.
A
cita, un almorzo informativo, celebrouse na sede compostelá do
ICOIIG. Na súa intervención, González Patiño detallou as
iniciativas que desenvolve a súa empresa na adaptación ao proceso
de transformación dixital. O delegado de REE en Galicia explicou
tamén a perspectiva da compañÃa ante a transición na que está
mergullada o sector. No almorzo informativo estivo acompañado, entre
outros, polo decano do ICOIIG, Oriol Sarmiento, e polo delegado da
entidade colexial en Santiago, Fernando Blanco.
124
accións
A
actividade deste 16 de xullo en Santiago enmárcanse nun intenso
calendario de 124 accións coas que o ICOIIG chegará ás sete
principais cidades galegas até o próximo mes de setembro. Son de
acceso libre e de balde para todas as empresas interesadas.
Esta
campaña divulgativa afondará en aspectos como a forma de sacarlle
proveito á realidade aumentada, as oportunidades da impresión 3D,
as solucións que permite a análise da información a gran escala
(Big Data) o desenvolvemento da mercadotecnia dixital, a
Intelixencia Artificial, a robótica, a dixitalización dos almacéns
coa loxÃstica 4.0, a aplicación da tecnoloxÃa blockchain
aos negocios, as contribucións do uso de drons nas empresas ou a
utilidade da ciberseguridade ante os riscos dixitais.
As
Oficinas de
Transformación Dixital postas en marcha en toda España polo
Ministerio de EconomÃa e Empresa, a través da entidade pública
Red.es, contan cun orzamento global de cinco millóns de euros. As
actuacións a realizar serán financiadas con cargo ao Programa
Operativo Plurirrexional de España (POPE), Fondos Europeos de
Desenvolvemento Rexional (FEDER) do perÃodo de programación
2014-2020 e baixo a lema Unha maneira de facer Europa que ten
entre os seus obxectivos mellorar o uso, a calidade e o acceso ás
TecnoloxÃas da Información e a Comunicación (TIC).