Rematan o desenvolvemento de Mass Effect 3
luns, 13 de febreiro do 2012
O primeiro trimestre do ano para Electronic Arts parece que
vai estar marcado polo lanzamento do xogo Mass
Effect 3, do que o seu produtor executivo, Casey Hudson, vén de
informar a través de Twitter do remate do seu desenvolvemento, polo que
poderá cumprir coa súa data de lanzamento, ou sexa, que o vindeiro 9 de marzo
poderemos velo nas tendas nas súas versións para PC, Xbox 360 e PlayStation 3.
Os máis impacientes terán este mesmo martes a versión de demostración do xogo
dispoñible en Xbox Live, tendo que agardar un dÃa máis para a versión de
demostración para a consola doméstica de Sony.
Este xogo que pon a guinda á que poderÃa ser a triloxÃa orixinal máis relevante
da actual xeración de consolas de videoxogos, e dentro das súas posibilidades,
incluso permite definir o sexo do seu protagonista (o/a Comandante Shepard), de
aà que de cara ao seu lanzamento a xente de BioWare decidise estrear un trailer
coa versión feminina do personaxe:
- No xogo podemos decidir o sexo do/a Comandante Shepard, demostrando a flexibilidade da súa historia (especialmente no seu modo de xogo máis roleiro).