Retratan a un directivo de HP utilizando un portátil de Apple no seu fogar
martes, 22 de novembro do 2011

- Ray Lane utilizando un MacBook Air no seu fogar en Artherton (California) nunha fotografÃa de Robert Galbraith
A axencia Reuter publicou unha
reportaxe sobre un dos directivos de Hewlett-Packard Co (HP), Raymond J. Lane,
acompañada por unha fotografÃa de Robert Galbraith que está
a dar moito que falar, xa que este profesional incorporado á compañÃa coa
compra de Electronic Data Systems Corporation en agosto de 2008, aparece
retratado cun ordenador MacBook Air.
AÃnda que moitos teñan criticado nos últimos anos a polÃtica anti-Apple de
compañÃas como Microsoft (que prohibe aos seus empregados ter un iPhone), tampouco
resulta elegante que un alto directivo dunha compañÃa empregue no seu ámbito
privado produtos da competencia ou, cando menos, os amose en público a través
dunha fotografÃa que está a dar a volta ao mundo.
A instantánea case coincide no tempo co lanzamento do HP Folio 13, o que
poderÃa considerarse coma o MacBook Air de HP, que será a estrea de HP no
mercado dos Ultrabooks, e que chega como un equipo máis económico e versátil que
o de Apple.
