Rueda aposta pola colaboración público-privada para avanzar na transformación dixital de Galicia
luns, 3 de novembro do 2025

- Xuntanza cos responsables de Siemens
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo a semana pasada dúas reunións cos principais responsables de Vodafone e Siemens en España, ás que lles trasladou o compromiso do Executivo galego de impulsar a colaboración público-privada como motor da transformación dixital de Galicia e da ampliación dos servizos destinados á cidadanÃa e ao tecido empresarial.
Durante o encontro co primeiro executivo de Vodafone España, José Miguel GarcÃa, Rueda expresou o interese por fortalecer a presenza da compañÃa no territorio e agradeceu a súa implicación nun proxecto destinado a mellorar a cobertura móbil en áreas illadas do rural. En concreto, a Xunta, a Federación Galega de Municipios e Provincias e a operadora traballan conxuntamente para levar cobertura a 210 núcleos de poboación de 55 concellos galegos, onde residen máis de 5.200 veciños.
Asà mesmo, o titular do Goberno galego reuniuse co novo conselleiro delegado e presidente de Siemens España, Fernando Silva, e co responsable territorial da empresa en Galicia, Javier Fernández, aos que agradeceu a colaboración da compañÃa na formación en competencias dixitais de alumnado e profesorado mediante diversas actividades, no apoio a iniciativas educativas como o certame Galicia Skills e na subministración de tecnoloxÃa de vangarda á sanidade pública galega.

- O presidente da Xunta cos responsables de Vodafone España
