Rusia acepta pechar AllofMP3

xoves, 30 de novembro do 2006 Marcus Fernández

Nos últimos meses Rusia estaba a presionar ós EE.UU. para promovesen a súa entrada na Organización Mundial de Comercio, e parece que un dos principais atrancos era a tenda virtual AllofMP3, que permitía a compra de música dun xeito que, pese a ser legal en Rusia, supoña unha agresión ó resto de tendas de música virtuais, debido á enorme diferenza de prezos (pois a tenda rusa ten uns prezos sumamente baixos).
Agora parece que se pechou un acordo entre EE.UU. e Rusia para o peche de AllofMP3 e outras webs semellantes, aínda que dende a polémica tenda recoñecen que sempre eliminaron os temas musicais a petición dos propietarios dos seus dereitos de reprodución cando estimaban que a súa publicación na Internet era ilegal, o que non parece ser suficiente para que tomen medidas para o seu peche definitivo.