Samsung presenta un televisor doméstico de 98 polgadas
venres, 7 de xullo do 2023
Os televisores
non cesas de medrar en tamaño de pantalla, e conscientes de tal tendencia dende
Samsung presentan o seu novo
televisor QLED Q80C de 98 polgadas, que presume dun deseño SuperSlim para
facilitar a súa integración nos fogares dos usuarios e estar máis na liña cos deseños
dos fogares modernos. Pese ao seu deseño delgado promete un son de calidade con
Dolby Atmos, para poder gozar dunha experiencia sonora propia das salas de
cine.
Este novo televisor integra un procesador Neural 4K con IA para mellorar a
calidade de imaxe e adaptala a unha pantalla de grande tamaño, mellorando a profundidade
e a nitidez do contido grazas a Supersize Picture Engine. Coa tecnoloxÃa Quantum
HDR+ tamén ofrece un rendemento superior de brillo e uns negros puros que
permiten ver cada detalle dun xeito máis nÃtido. O QLED Q80C tamén é compatible
con Philips Hue Sync, permitÃndolle gozar desta tecnoloxÃa de iluminación
envolvente que resulta tan agradable para a vista.
Como o resto de televisores de Samsung
do presente ano tamén integra Samsung Smart Hub, interface de usuario que
centraliza á perfección o lecer e que inclúe Samsung Smart Hub, unha aplicación
que facilita o acceso a servizo de xogo na nube, de xeito que é posible gozar
de xogos de grande calidade sen necesidade de contar cunha consola fÃsica.