Santiago acollerá a presentación dunha iniciativa galega de inclusión dixital para persoas con diversidade funcional
venres, 17 de xullo do 2009
O Centro de Novas TecnoloxÃas de Galicia da ConsellerÃa de Traballo segue na súa liña de dar acubillo á presentación na nosa terra de innovadoras ferramentas ao servizo da inclusión social a través do dixital (e viceversa). Desta volta toca falar do proxecto In-TIC (Integración das TIC entre as persoas con diversidade funcional), iniciativa impulsada pola Fundación Orange e deseñada na súa totalidade polo Centro de Informática Médica e Diagnóstico Radiolóxico da Universidade da Coruña. A posta en longo do proxecto terá lugar no dito Centro compostelán o vindeiro mércores 22 de xullo, a partir das 12.00 horas, e no acto participarán (entre outros) Ana DÃa López (directora xeral de Formación e Colocación), Susana López Abella (secretaria xeral de Benestar), Elena Sierra (vicerreitora calidade e novas tecnoloxÃas da UDC), Alejandro Pazos (director do grupo RNASA-IMEDIR) e Manuel Gimeno, director xeral da Fundación Orange.
Cómpre sinalar que o proxecto In-TIC permite que as persoas con diversidade funcional poidan mellorar a autonomÃa persoal grazas a un sistema de apoio que adapta ás necesidades do usuario todas as funcións e programas do computador. AsÃ, a través do deseño e configuración de teclados virtuais pódese conseguir que persoas con diverso tipo de discapacidade (fÃsica, cognitiva ou sensorial) poidan ter un uso pleno da Sociedade da Información, con todo o que iso implica: comunicarse, compartir coñecemento, executar aplicacións prácticas, formarse a distancia, coñecer a outras persoas, etc.
Segundo informan os responsables da iniciativa, o sistema tamén pode ser empregado como canle de comunicación para diferentes dispositivos e terminais, dende portátiles a móbiles, pasando por tabletPCs. Por certo que en breve estará dispoñible na Rede a través de acceso gratuÃto.
