Santiago acolleu a primeira demostración práctica do funcionamento da eAdministración

venres, 12 de abril do 2019 Redacción

O persoal municipal do Concello de Santiago participou onte nunha demostración real, a primeira, sobre o funcionamento, posibilidades, vantaxes e implicacións da Plataforma de Administración Electrónica que se está a implantar en Compostela. A empresa fornecedora do servizo TIC explicoulles aos/ás responsables dos departamentos municipais o funcionamento práctico deste proxecto, en palabras do Concello, “a iniciativa de modernización máis importante da historia recente da administración local”.
O Goberno compostelán tamén informou de que o proxecto de eAdministración (cuxa primeira ferramenta operativa será a o novo Padrón) leva parella a mobilización dun orzamento de máis de 1,8 millóns de euros. A plataforma, engade o Executivo, permitirá dotar ao Concello dunha sede electrónica, dun rexistro electrónico e dun novo xestor de expedientes. O fin último é “avanzar nos compromisos en materia de transparencia, axilizar a relación da veciñanza coa administración e facilitar o desenvolvemento do traballo por parte do persoal municipal”.

PUBLICIDADE