Santiago desprega un Centro de Operacións de Seguridade que se coordinará coa rede nacional de SOCs
xoves, 2 de marzo do 2023
O
Concello
de Santiago comezou a dar corpo a un Centro de Operacións de
Seguridade (SOC) para protexer comunicacións, datos e
infraestruturas e achegar detección e respostas rápidas e eficaces
perante ciberincidentes. Esta
iniciativa integrarase na Rede Nacional de SOCs, impulsada polo
Centro Criptolóxico Nacional, rede que integra e coordina a
cooperación e o intercambio de información entre estes centros a
nivel nacional.
Segundo
salientou Marta Abal, concelleira de EconomÃa, Facenda,
Contratación, Persoal e Modernización da Administración Local,
esta rede nacional fai posible unha "análise en tempo real da
súa actividade e da súa capacidade de resposta automática entre
comportamentos estraños ou tráficos atÃpicos"; asà como
"unha mitigación dos riscos e unha retroalimentación ao contar
con toda a base de datos, coñecemento e solucións da Rede Nacional
de SOCs".
Tamén
permite, engadiu Marta Abal, "a automatización de solucións de
seguridade en base á experiencia adquirida nos distintos SOCs da
Rede Nacional; ao darse unha monitoraxe continua dos sistemas para
detectar ameazas, ben por ciberataques ou por buratos na
infraestrutura".
Tamén
leva incorporadas outras funcións, como son as ferramentas de
simulación de ataques para educar as posibles respostas das persoas
usuarias.
Este
Centro de Operacións e Seguridade do Concello de Santiago terá
diversas funcións, entre as que se destacan as seguintes:
- O
intercambio automático e fluÃdo de incidencias online coa
Plataforma Nacional de Notificación e Seguimento de Ciberincidentes
mediante a implantación e operación da ferramenta de xestión de
incidentes LUCIA do CCN-CERT que operará en modo federado co da
Plataforma Nacional.
- A
implantación das tecnoloxÃas necesarias que permitan a vixilancia
do perÃmetro e da rede interna, implantando as tecnoloxÃas
dispoñibles no Catálogo de Produtos de Seguridade das TecnoloxÃas
da Información e a Comunicación (CCN-STIC 105), ou facendo uso dos
sistemas de alerta despregados polo CCN-CERT.
-
Despredura da ferramenta microClaudia do CCN-CERT en toda a
organización. MicroClaudia é unha capacidade baseada no motor
Claudia que proporciona protección contra código malicioso de tipo
ransomware aos equipos dun organismo. Para isto, utiliza un
axente lixeiro para sistemas de Windows, que se encarga do despregue
e execución de vacinas.
-
Capacidade de recolección e correlación básica dos rexistros de
rastrexabilidade (logs) necesarios para a vixilancia (mediante
produtos recollidos no catálogo CCN-STIC 105).
Esta
acción está incluÃda na convocatoria 2021 de subvencións para
proxectos de modernización de dixitalización no ámbito das
administracións das entidades locais (Orde TER/1204/2021), no marco
do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado
pola Unión Europea – NextGenerationEU.
Da
Rede Nacional de SOCs forman parte todos os SOCs nacionais do sector
público español, asà como aquelas empresas que prestan servizos de
seguridade xestionada e que ofrecen servizos aos centros que
solicitaron formar parte da rede.
