Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago inicia o proceso de implantación da Administración Electrónica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Santiago inicia o proceso de implantación da Administración Electrónica

Fernando Sarasketa
Publicado: 03/07/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

concello_santiago_duro_rozas_administracion_electronica.jpgO Concello de Santiago vén de acordar iniciar o proceso para a implantación da Administración Electrónica avanzada, con todo o que esta aposta polo goberno electrónico implica: cousas como garantir transparencia e bo goberno, accesibilidade e axilidade nos procedementos ou, tamén, a posibilidade de realizar a cidadanía todo tipo de tramitacións a distancia, con conexión a Internet e en condicións de máxima seguridade. A medida foi dada a coñecer polos concelleiros Xan Duro (Medio Ambiente e Innovación) e María Rozas (Economía e Facenda). Segundo fixeron saber, no proxecto vanse investir 1.860.000 euros. O obxectivo da licitación é lograr “unha modernización global da xestión municipal, baseada na eficacia, a eficiencia, a calidade, a innovación e a transparencia”.
Ademais, a iniciativa garantirá o cumprimento das lexislacións estatais e europeas en materia de goberno electrónico, que esixe ás administracións unha aposta clara, efectiva e rendible pola dixitalización. En palabras de Duro, “trátase da mellora administrativa máis relevante da historia de recente do Concello de Santiago”.
Rozas, pola súa banda, salientou os factores de comodidade e axilidade para todas e todos as/os implicadas/os que vai pór en xogo a medida, atinxindo non só á cidadanía (que mellorará a súa relación coa administración e poderá desenvolver a maioría dos trámites co concello desde as súas casas, de forma telemática, sen necesidade de desprazamentos, tendo tamén ao seu alcance a posibilidade real de facer consultas e xestións sobre a evolución no tempo deses trámites), senón tamén ao funcionariado local (que poderá traballar de xeito moito máis eficiente en con importantes aforros de tempo).
A nivel de recursos concretos a habilitar, o proxecto aprobado o venres 30 de xuño permitirá, sinalaron, dotar ao Concello de Santiago dunha plataforma de Administración Electrónica que inclúa unha sede dixital, un rexistro electrónico e un novo xestor de expedientes. Tamén permitirá modernizar a xestión tributaria e de tesourería ou a xestión do padrón de habitantes. “A nivel práctico”, explicou Rozas, “trátase de introducir as ferramentas que permitan que os veciños e veciñas poidan facer seguimento dos expedientes que lles afectan desde as súas casas, sabendo en todo momento en que punto está por exemplo a tramitación dunha licenza urbanística”. Ao tempo, o rexistro electrónico “evitará tamén desprazamentos innecesarios e aforraralles tempo á veciñanza, a empresas ou a outras institucións”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?