Shimpinomori.net premia ó mellor hacker cunha PS3
xoves, 30 de novembro do 2006
Despois de comprobar as fazañas que moitos individuos chegan a facer para mercar aparellos de última tecnoloxÃa, non é de estrañar que unha chea de tecnófilos anden a remexer os miolos co fin de adquirir unha consola PlayStation 3 sen pegar pau e de balde.
AsÃ, para todos aqueles que non dispoñan dos máis de 500 euros que custa a cotizada videoconsola aquà en Europa, a web shimpinomori.net, propón un curioso (á vez que atractivo) reto que consiste en agasallar cunha PlayStation 3 ó primeiro que consiga hackeala antes de que remate xaneiro.
Os creadores do concurso, fixéronse cunha PS3, instaláronlle o sistema operativo Linux e, a través dela, puxeron en marcha unha páxina web, na que anuncian o devandito concurso.
As normas son sinxelas, trátase de substituÃr a fotografÃa do neno coa PS3 que aparece na web por outra calquera e enviar unha mensaxe a este foro anunciando a vitoria.
O vencedor será galardoado cunha PlayStation 3, con tódolos accesorios de serie, Linux preinstalado e o disco duro reemprazado por outro de 160 Gb, ademais dun cable HDMI (de alta definición) e o videoxogo Resistance: Fall of Man.
