SkyShowtime chegará a España o dÃa 28
martes, 14 de febreiro do 2023
Tras meses
agardando a chegada a España de Paramount+, Sky e Paramount anunciaron
que finalmente abordarÃan o mercado europeo como SkyShowtime, plataforma
que en setembro xa chegou a paÃses como Dinamarca, Finlandia, Noruega e Suecia,
e hoxe confirmaron que o
vindeiro dÃa 28 estrearán o seu servizo en España e Andorra.
Este lanzamento parece chegar nun momento complicado para as plataformas de
streaming, cun mercado demasiado saturado, de aà que a subscrición do servizo (para ata 3 dispositivos simultáneos en Full HD),
que será de 5,99 euros/mes, contará cunha promoción de 2,99 euros/mes, prezo reducido
dabondo para que haxa usuarios que se animen a probar esta plataforma (na liña
da promoción de lanzamento de HBO Max) que chega a España da man dos seus primeiros
SkyShowtime Originals en español: Bosé e Los Enviados.
SkyShowtime tamén ofrecerá series
como Halo, Star Trek: Strange New Worlds, The Offer, Tulsa
King ou Vampire Academy, ás que sumaranse filmes de franquÃas como Fast
& Furious, Gru, Misión Imposible, Parque Xurásico
ou Star Trek. No caso español, SkyShowtime contará coa estrea da segunda
tempada da serie Por H o Por B.
O servizo funcionará a través da web ou de aplicacións para Android, iOS, tvOS
e Android TV, asà como en televisores de LG e Samsung.
Tráiler oficial de lanzamento de SkyShowtime
