Skype dirá adeus en maio
venres, 28 de febreiro do 2025
A aplicación para a realización de videoconferencias que foi o referente durante moitos anos, Skype, poderÃa estar a piques de desaparecer se atendemos á descuberta da que dan conta dende XDA-Developers, onde detectaron que na última versión preliminar de Skype para Windows aparece a mensaxe «a partir de maio Skype non estará dispoñible. Continúa as súas chamadas e conversas en Teams» ao que engadirÃan o número de contactos do usuario que xa migraron a Microsoft Teams.
Skype leva connosco dende 2003, pasando a integrarse en Microsoft en 2011, pero co lanzamento de Microsoft Teams en 2017 non quedaba nada claro o futuro desta ferramenta, que pouco a pouco foi perdendo a atención por parte de Microsoft até o punto de que en Windows 11 incluÃase unha versión persoal de balde de Teams para que os usuarios non precisasen da instalación de Skype.
Queda agora agardar a que Microsoft oficialice o que ten toda a pinta de converterse na desaparición dunha aplicación que, pese a ser un grande éxito no pasado, actualmente resulta redundante no catálogo de servizos da compañÃa de Redmond.
ACTUALIZACIÓN: Tras as filtracións dende Microsoft confirmaron o peche de Skype a partir do mes de maio, instando aos usuarios a migrar a Microsoft Teams.
VÃdeo no que amosan como é a transición de Skype a Microsoft Teams