SmartPEME achega catro novas accións de formación TIC
luns, 5 de febreiro do 2024
A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPEME de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta semana, do 5 ao 9 de xaneiro, catro novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As actividades, que se celebrarán de xeito telemático, abordarán temas relacionados coa ciberseguridade, solucións tecnolóxicas para o sector turÃstico, sendinblue e creación plan de empresa.
As accións formativas inÃcianse este luns, 5 de febreiro, ás 10:30 horas, con Ciberseguridade, ransomware e suplantación de identidade. O obxectivo deste taller é dar a coñecer o ransomeware, en que consiste e como afecta, asà como abordar a suplantación de identidade. Será impartido polo experto universitario en robótica, programación e impresión 3D Manuel Freire.
O martes 6, de 10:00 a 11:30 horas, terá lugar o taller Demostración de solucións tecnolóxicas para o sector turÃstico, onde diversas empresas darán a coñecer iniciativas innovadoras que desenvolveron e son aplicábeis á industria turÃstica. Esta demostración tamén facilitará o establecemento de novas relacións empresariais e a xeración de colaboracións entre os participantes que forman parte desta industria crucial para a provincia de Pontevedra.
O mércores, a partir das 12:00, Fátima FaÃlde, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, impartirá o obradoiro Sendinblue agora é Brevo, onde se explicará como facer unha newsletter, axustando a ferramenta ás necesidades das empresas, e se dará a coñecer como facer unha base de datos.
Finalmente o xoves 8, de 12:00 a 13:00 horas, terá lugar o taller Crea o teu plan de empresa. A través desta acción formativa proporcionaranse as chaves para desenvolver modelos de negocio. O taller será impartido por Eva Pérez, economista e con formación especializada en xestión empresarial da innovación.