SmartPEME móstranos como mellorar as nosas comunicacións en liña e o noso traballo de mercadotecnia
luns, 13 de marzo do 2023
A
Deputación
de Pontevedra, a través da rede de capacitación tecnolóxica
SmartPEME, ofrece esta semana do 13 ao 17 de marzo seis novas accións
formativas, enmarcadas na súa carteira de obradoiros en liña.
As accións tratarán temas como a suplantación de identidade, o
acoso por razón de xénero na empresa, a creación de campañas de
mercadotecnia por correo electrónico, a posta en marcha de blogs, a
emisión de eventos en liña e o funcionamento de WhatsApp Business.
Os
obradoiros darán comezo este luns 13 de marzo ás 10.00 da maña.
Manuel Freire, experto universitario en Robótica, Programación e
Impresión 3D, será o encargado de impartir a formación
Ciberseguridade, Ramsonware e suplantación de identidade, a
través da cal explicarase en que consiste este ciberataque que está
crecendo en popularidade e adopta múltiples formas.
O
martes 14, en horario de tarde e vÃa Zoom, será a quenda da acción
Xestión do acoso por razón de xénero na empresa, centrada
na importancia de elaborar un protocolo de acoso e cales son as
obrigas empresariais ao respecto. Neste obradoiro, a cargo da
graduada en Relacións Laborais e Recursos humanos pola Universidade
de Vigo, MarÃa José Márquez, proporcionaranse os coñecementos
necesarios para identificar os tipos de acoso existentes.
O
mércores haberá dobre sesión. Na queda da mañá, as 12.00 horas,
Fátima FaÃlde licenciada en Publicidade e Relacións Públicas,
achegará o obradoiro Crea unha campaña de e-mail márketing con
MailChimp, para dar a coñecer esta ferramenta gratuÃta a través
dun percorrido sinxelo polas súas seccións e aprender a crear
listas de bases de datos, deseñar formularios e redactar boletÃns.
Na
quenda da tarde, ás 17.00 horas, celebrarase o curso Como crear o
teu blog turÃstico no que Patricia Cabaleiro, posgraduada en
Turismo, contará os beneficios desta ferramenta, dando a coñecer o
proceso de creación dun blog desde cero, ideas para os posts e
aspectos a ter en conta para escribir nel.
O
remate de semana tamén contará con dous obradoiros. O xoves 16 ás
11 da mañá, Manuel Freire volverá a impartir unha formación,
neste caso Como emitir o teu evento en liña de xeito profesional
ll, no que explicará como mellorar os eventos en liña que se
levan a cabo cos clientes e a difusión de contido. Finalmente pola
tarde, ás 18.00 horas, celebrarase Asà funciona WhatsApp
Business, impartido polo enxeñeiro informático José LuÃs
Taboada, que dará a coñecer esta ferramenta coa que as empresas e
negocios poden interactuar cos seus clientes dunha forma sinxela e
profesional.
