Artigos desta sección
Librebit, certificada por LibreOffice como firma experta en migración ofimática
The Document Foundation, responsábel do impulso e desenvolvemento de LibreOffice (suite ofimática aberta independente) certificou á firma galega Librebit como empresa especializada na realización de migracións profesionais ao devandito paquete libre de ferramentas ofimáticas. Esta acreditación, informa a empresa con sede en Vigo, confire a Librebit o acceso a (...)
Ler máisEste sábado comeza a actividade de XeoPesca para a construción dun OpenROV mergullábel
A partir deste sábado 5 de setembro teremos na nosa terra unha boa oportunidade de ver, comprobar e (tamén) aprender como se monta un robot de investigación acuática e mariña botando man de hardware e software libre. Isto será posÃbel grazas á iniciativa XeoPesca, que comeza a celebrar na Estrada, a partir das 10.30 horas, un HackLab de Montaxe dun OpenROV. A (...)
Ler máisSantiago acollerá unhas xornadas sobre as vantaxes do software libre para as nosas ONG
O software libre é un mundo de posibilidades para calquera sector ou ámbito social e económico, pero se cadra amosa unha potencialidade especial e particular para o denominado terceiro sector, que é aquela parte da nosa economÃa composta sobre todo por entidades sen arela de lucro. Amosar estas oportunidades do código aberto para o eido das iniciativas de (...)
Ler máisA AMTEGA publica o código fonte do portal MapaTIC.gal
A AMTEGA vén de publicar no Repositorio de Software Libre da Xunta de Galicia o código fonte do portal MapaTIC, xunto coa súa documentación, ambos baixo licenzas libres. Esta liberación vai permitir a reutilización por parte doutras administracións, con iniciativas similares, dun portal web que achega a oferta de solucións TIC aos posibles demandantes das (...)
Ler máisPresentado en Akademy 2015 un novo sistema operativo móbil, Plasma Mobile
O evento Akademy 2015 que se celebra estes dÃas na Facultade de Informática da Universidade da Coruña está a ser, como se prevÃa, fonte inesgotábel de novas ideas e proxectos, algúns deles xa prontos para seren empregados a fondo. Sen ir máis lonxe, o foro que organiza GPUL acolleu o sábado 25 a presentación dun novo sistema operativo móbil, alternativa a Android (...)
Ler máisComeza na Coruña a Akademy 2015, un dos grandes acontecementos da tempada en materia de open source
O Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL), asentado na Facultade de Informática da Coruña, abre hoxe mesmo as portas dun dos grandes eventos tecnolóxicos da tempada no ámbito do software libre galego, estatal e internacional. Trátase de Akademy 2015, unha cita que xunta na Coruña (na FIC) a desenvolvedores e usuarios dunha das comunidades open (...)
Ler máisLibrecon abre prazo para a presentación de propostas e anuncia que contará coa presenza de Canonical
Os organizadores da conferencia Librecon 2015, un dos grandes eventos open source da tempada, a nivel galego, estatal e internacional, veñen de informar de que xa está aberto o prazo para presentarmos as nosas propostas de participación. Librecon 2015, que se celebra en Santiago os dÃas 29 e 30 de outubro, vén da man da Asociación Empresas Galegas de (...)
Ler máisComeza esta esta semana na Coruña a edición 2015 do encontro internacional Akademy
A Akademy 2015, a nova edición da xuntanza anual da comunidade internacional de desenvolvedores e usuarios da contorna de escritorio KDE, comeza este 25 de xullo na cidade da Coruña. O encontro, que se desenvolve até o 31 do mesmo mes na Facultade de Informática da Coruña, vén da man da Asociación GPUL e da contorna de escritorio KDE. Segundo apunta a (...)
Ler máisQueres presenta un módulo para o recoñecemento de códigos de barras e QR
A empresa galega Queres está a presentar este mes de xullo o módulo Buho, integrado na plataforma de xestión Alfresco e destinado a mellorar os nosos procesos de dixitalización de documentos fÃsicos. O módulo extrae información dos códigos de barras ou códigos QR de arquivos escaneados e incorpora a información contida dos mesmos (metadatos do documento) en (...)
Ler máisLibreCon xuntará en Santiago 1.500 profesionais e 60 empresas do eido do software libre
A Asociación Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL), a Federación Nacional de Empresas de Software Libre (ASOLIF) e o Clúster TIC Galicia van organizar os dÃas 29 e 30 de outubro a edición 2015 de LibreCon, a Conferencia sobre TecnoloxÃas Abertas e Negocio. O congreso, que conta co apoio da Xunta (a través de AMTEGA), será sen dúbida un dos grandes (...)
Ler máis0 | ... | 150 | 160 | 170 | 180 | 190 | 200 | 210 | 220 | 230 | ... | 860
