Artigos desta sección
O software libre toma a palabra o día 26, coa celebración de FLISoL A Coruña
O vindeiro sábado 26 de setembro vaise celebrar en formato online a edición 2020 do evento FLISoL A Coruña, un encontro directamente encamiñado a mostrar achados e contribucións en materia de software libre e a deixar espazo aberto, sen atrancos, para o intercambio de recursos e coñecemento. A xornada contará con diferentes charlas relacionadas co mundo do (...)
Ler máisOurense xa pode gozar da 5G de Yoigo
Yoigo anticipou na súa revista deste mes que estaba a prepara un piloto de 5G, e hoxe mesmo estrean a cobertura 5G en 16 cidades españolas (Alacante, Alcobendas, Almería, Ávila, Barcelona, Cartaxena, Hospitalet de Llobregat, Huesca, Xaén, Madrid, Málaga, Melilla, Salamanca, Sevilla, Valencia e Ourense) para ir espallando a súa rede 5G polo resto do territorio (...)
Ler máisChega unha nova edición dos Coruña Hacks, máis intensos e con premios
As comunidades técnicas GPUL, Coruña Developers e Árticos, todas elas con base de operacións na Coruña, celebran unha nova edición de Coruña Hacks este mes de marzo. A xuntanza será un laboratorio de experimentación coa forma de tres hackathons, a desenvolver o terceiro sábado de marzo, abril e (...)
Ler máisAmigus celebra nas Pontes o Arduino Day cun novo obradoiro para a rapazada
Este mes de marzo temos novamente unha cita cos novos xeitos (participativos, argalleiros, abertos, divulgativos, enriquecedores) de facer tecnoloxía. Dende As Pontes, a Asociación Amigus infórmanos de que o vindeiro 21 de marzo, ao abeiro dos seus obradoiros de Amigus Labs e da conmemoración do Día Mundial de Arduino (Arduino Day), celebrarase unha nova (...)
Ler máisO equipo de TIC.gal libera en galego a ferramenta Gapp para o seguimento de incidencias
A empresa pontevedresa TICgal vén de lanzar na nosa lingua a primeira versión dunha aplicación de seu para o software libre de xestión de tecnoloxías GLPI, moi indicado para permitirnos facer monitoraxe de incidencias TIC. Estamos a falar de Gapp, en palabras de TICgal “unha combinación de 12 anos de experiencia no uso de GLPI e un ano de esforzo coa interface (...)
Ler máisA Internet das Cousas e a placa Raspbery Pi centran hoxe unha charla da GPUL School na FIC
Hoxe temos un encontro na Coruña cos obxectos conectados e co software-hardware máis accesíbel, económica, técnica e tecnoloxicamente, para converternos nós mesmos en impulsores e desenvolvedores de obxectos conectados. A charla Internet das Cousas e Raspberry Pi desenvólvese este martes na Facultade de Informática da UDC en horario de 18.30 a 20.00 horas, na (...)
Ler máisRubén Espino e Amigus achégannos ás claves para sermos expertos en robots deportistas
O vindeiro 24 de novembro temos nas Pontes unha nova cita coas tecnoloxías libres e a robótica construtiva e participativa, nas súas vertentes máis lúdicas e deportivas. Máis polo miúdo, trátase dun encontro con Rubén Espino organizado pola Asociación Amigus ao abeiro dos seus Amigus Labs. A xuntanza servirá, entre outras cousas, para intercambiar información (...)
Ler máisGPUL achega unha proposta formativa para iniciarnos nas tecnoloxías libres
O grupo GPUL, Grupo de Usuarios e Programadores de Linux con centro de actividades na FIC da Coruña, vén de pór en marcha este outono a GPUL School, unha iniciativa que pretende achegar a membros máis noveis da comunidade universitaria, así como a calquera outra persoa interesada, as tecnoloxías libres, co obxectivo de que “lles sexan de utilidade na súa vida (...)
Ler máisLiberada e dispoñíbel en galego a versión 4.14 do escritorio XFCE
Para quen teña un computador antigo ou limitado e queira contar cun escritorio sinxelo que tire proveito do sistema sen esgotalo, informarlle que vén de ser liberada a versión 4.14 da contorna XFCE, e faino cen por cen traducida ao galego e migrada a GTK3, conxunto de ferramentas GUI multiplataforma con ligazóns a moitas linguaxes (C, C++ Python, Vala) e (...)
Ler máisMeLiSA organiza este sábado o seu segundo roteiro de Abeancos.gal
MeLiSA, a Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide vai organizar este 3 de agosto a segunda edición do seu Roteiro de Abeancos.gal, destinado a poñer en valor o rico patrimonio cultural da comarca de orixe da asociación, amais de mostrar os obxectivos e metodoloxías do proxecto Abeancos, un catálogo dixital aberto e participativo de (...)
Ler máis