Sparc Foundry incorpórase á FP galega
venres, 5 de xuño do 2026
A empresa Sparc Foundry incorpórase á Formación Profesional galega na área de Vigo, que concentrará a maior oferta formativa de Galicia no curso 2026-27 cun total de 11.221 prazas de novo ingreso.
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román RodrÃguez, e Francisco Soares, fundador e director técnico desta firma europea especializada en fotónica, asinaron hoxe un convenio de colaboración para impulsar un novo ciclo de FP Dual Intensiva de Técnico Superior en Mantemento Electrónico. A formación impartirase no IES Ricardo Mella, centro que acolleu tamén o acto de sinatura.
Román RodrÃguez destacou que este acordo forma parte da estratexia do Goberno galego para consolidar unha Formación Profesional adaptada ás necesidades do alumnado e do tecido produtivo, reforzando ao mesmo tempo a innovación e a proxección internacional do sistema.
O conselleiro lembrou que a FP galega constitúe actualmente «un dos sinais de identidade da Galicia Calidade», grazas á colaboración con empresas como Sparc Foundry, que lidera desde Vigo un proxecto de alcance estatal e europeo para a fabricación de chips fotónicos, unha tecnoloxÃa clave para sectores como as telecomunicacións avanzadas, a defensa, a automoción, a intelixencia artificial, a computación cuántica ou os dispositivos biomédicos de alta precisión.
Durante a visita ao IES Ricardo Mella, acompañado pola directora xeral de FP, Eugenia Pérez, o titular de Educación destacou tamén o esforzo realizado para reforzar a oferta de Formación Profesional tanto na cidade de Vigo como na súa área metropolitana, unha aposta que, segundo indicou, seguirá intensificándose o próximo curso.
Reforzo das prazas públicas de FP
Das 11.221 prazas de novo ingreso previstas na área viguesa para o curso 2026-27, un total de 7.410 corresponderán á cidade de Vigo. Esta cifra representa un incremento próximo ao 2 % respecto ao curso actual, con 140 prazas máis. Segundo explicou o conselleiro, a comparación cos últimos catro anos de desenvolvemento do Plan Conecta sitúa o aumento por riba do 28 %.
A oferta pública ascenderá ata as 5.570 prazas, un 2,58 % máis ca no curso anterior, mentres que as prazas concertadas manteranse nas 1.840 actuais. «Tres de cada catro novas prazas ofertadas en Vigo son públicas», destacou Román RodrÃguez.
No relativo ás modalidades de ensino, 6.130 prazas (o 82,7 %) serán presenciais e 1.280 (o 17,3 %) impartiranse a distancia. Esta última modalidade busca responder á demanda de persoas que xa están incorporadas ao mercado laboral e que optan por mellorar ou actualizar a súa cualificación profesional a través da FP.
A oferta formativa permitirá cursar estudos de 23 familias profesionais distintas. Seis delas incrementan a súa capacidade, entre as que sobresaen Edificación e Obra Civil, cun aumento do 24,18 % ata alcanzar as 226 prazas, e Imaxe Persoal, que medra un 14,69 % ata as 328. En termos absolutos, as familias con maior número de prazas continúan sendo Administración e Xestión (844), Sanidade (827) e Electricidade e Electrónica (790).
Novas titulacións
A FP Acelerada, modalidade pioneira posta en marcha este curso en Galicia, continuará a súa expansión e alcanzará as 220 prazas en Vigo, o que supón un incremento próximo ao 67 %.
Entre as novas ofertas desta modalidade figuran Implantacións e control de proxectos e obras de edificación, con 44 prazas no IES Politécnico; Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións, redes locais de datos e sistemas de telefonÃa, con 22 prazas no IES Ricardo Mella; e Montaxe e mantemento de instalacións de megafonÃa, sonorización de locais e circuÃto pechado de televisión, tamén con 22 prazas no mesmo centro.
Os tÃtulos de alta especialización sumarán 148 prazas, un 25,42 % máis que no curso actual. Entre as novidades figura o ciclo de Administración e Finanzas especializado en seguros, que se impartirá no IES Ricardo Mella.
A FP Adaptada, iniciada este curso como experiencia piloto no programa formativo de Comercio da Escola de Promoción de Adultos, reforzarase ata as 36 prazas, duplicando a oferta actual.
Tamén se estenderá a Vigo o programa experimental de aulas nómades especializadas en FP Básica. O IES República Oriental do Uruguai contará cunha destas aulas para o ciclo básico de Electricidade e Electrónica. Ademais, o IES Pazo da Mercé, nas Neves, incorporará outra destinada ao ciclo básico de Mantemento de VehÃculos.
