Stanza chega aos 12 millóns de e-books descargados no seu primeiro aniversario
martes, 14 de xullo do 2009
Os libros
electrónicos non están restrinxidos á pantalla do ordenador ou aos Kindle de
Amazon, senón que tamén gozan de moi boa aceptación noutros dispositivos
móbiles coma o iPhone e iPod Touch, como constatan dende Lexcycle, compañÃa
adquirida por Amazon e que é responsable da aplicación de lectura de e-books chamada Stanza,
e que vén
de superar os 12 millóns de libros electrónicos descargados.
Estes datos indicarÃan que moitos usuarios están dispostos a ler un libro
completo nunha pantalla de tamaño reducido (e claramente máis transportable que
un Kindle). De feito, Stanza xa conta con 2 millóns de usuarios, e aÃnda que
dende Amazon aÃnda non saben cómo van encaixar este produto dentro da súa
estratexia global de cara á explotación de libros electrónicos, parece claro
que en só 1 ano de vida conseguiu acadar un éxito impresionante que poderÃa
marcar o camiño que vai seguir o sector editorial nos vindeiros anos.