Steam permite gozar do multixogador dos seus xogos dende dispositivos móbiles

xoves, 21 de novembro do 2019 Marcus Fernández

Tras unhas semanas en probas Valve lanza para todos os usuarios de Steam a funcionalidade Steam Remote Play Together, que consiste en estender os xogos multixogador a dispositivos iOS e Android. Con esta nova opción varios xogadores poder unirse de xeito instantáneo á diversión grazas á tecnoloxía de retransmisión Steam Remote Play, sendo só preciso que o anfitrión teña o xogo instalado.
Para celebrar o lanzamento desta nova funcionalidade en Steam realizarán distintas retransmisións de Remote Play Together e teñen tamén unha campaña de rebaixas de xogos que contan con esta funcionalidade, que na súa meirande parte é unha selección de xogos independentes, que parecen ser os que máis queren explotar cousas como as experiencias cooperativas para varios usuarios.

A estrea do Remote Play Together está a acompañarse con retransmisións en directo e rebaixas

PUBLICIDADE