Subliñan en o Barco a importancia das TIC no comercio de proximidade
xoves, 17 de novembro do 2016
Sol Vázquez Abeal, director xeral de Comercio, participou
hoxe no Taller de emprendemento e
creatividade tecnolóxica organizado en Valdeorras pola Federación Galega de
Comercio coa colaboración da ConsellerÃa de EconomÃa, Emprego e Industria, salientou
a aposta da Xunta polo establecemento do smart commerce, un novo modelo de
comercio intelixente que sitúa o cliente no centro da súa estratexia, deixando
constancia da importancia da innovación e as TIC para impulsar o comercio de
proximidade.
Na xornada tamén interviñeron Ismael Tato, do establecemento local Agroviloira,
unha inspectora de Consumo e técnicos de medios de pago e desenvolvemento de
negocio.
A presentación do obradoiro correu a cargo do presidente da
Federación Galega de Comercio, José MarÃa Seijas, e Beatriz Gómez, presidenta
da Federación de Comercio de Ourense, que estiveron acompañados por
responsables da Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) e do CCA O Barco.
Smart Commerce
Neste ámbito céntrase o segundo dos retos do Plan
estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia. AsÃ, apóstase por incrementar a
innovación no sector como un dos factores clave para mellorar a súa posición
competitiva, impulsando as vendas en internet e novas fórmulas de
comercialización dos produtos, asà como de mellora do seu deseño e
presentación.
Preto de 150 comerciantes e artesáns da provincia de Lugo
benefÃcianse este ano das axudas por preto de medio millón de euros concedidas
pola ConsellerÃa de EconomÃa, Emprego e Industria dentro do programa para
impulsar o smart commerce e o
comercio en liña.
O obxectivo dos obradoiros de emprendemento e creatividade
tecnolóxica, que se desenvolven nas catro provincias galegas, é fomentar o
coñecemento do novo perfil do consumidor, asà como as canles de pago e procesos
dixitais e distintas experiencias que amosen fórmulas comerciais de éxito.
Trátase de transmitir información e exemplos de aptitudes e
competencias que permitan ao comercio galego responder efectivamente aos
desafÃos, problemas, oportunidades e cambios que afronta, e achegar medios para
que o sector logre a diferenciación e competitividade necesaria a través do emprego
de novas canles de promocion e venda, pago, distribución, fidelización e
coñecemento do consumidor.
