Talentos Inclusivos chega á VI edición: innovación con impacto real dende as aulas galegas
mércores, 5 de novembro do 2025
O Museo Domus da Coruña acolleu hoxe o acto de apertura da sexta edición de Talentos Inclusivos, o programa impulsado polo Centro de Investigación en TecnoloxÃas da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña, que reúne nesta ocasión a quince centros escolares de toda Galicia.
A iniciativa promove a inclusión social a través da ciencia e a tecnoloxÃa, consolidándose como un proxecto de referencia que acumula recoñecementos nacionais e internacionais. Tal e como salientan dende o CITIC, o programa reflicte o compromiso do centro con proxectos de alto compoñente social que fomentan a integración das persoas con discapacidade, sensibilizan á sociedade e impulsan unha ciencia ao servizo da comunidade.
Nesta edición, Inditex súmase por primeira vez á iniciativa. Un grupo de profesionais da compañÃa colaborará co alumnado e coas entidades sociais participantes para deseñar e poñer en marcha solucións tecnolóxicas que dean resposta a retos reais aos que se enfrontan as persoas con discapacidade no seu dÃa a dÃa. A participación deste equipo voluntario permitirá achegar coñecemento técnico e experiencia profesional ao proceso educativo, favorecendo unha aprendizaxe práctica, colaborativa e orientada á inclusión.
O programa, que conta co apoio do Consello Social da UDC, o Concello da Coruña, a FECYT, Inditex e a Xunta de Galicia —a través das consellerÃas de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e de PolÃtica Social e Igualdade—, busca fomentar as vocacións cientÃficas entre o alumnado galego e dar visibilidade á diversidade funcional. Nesta edición, quince centros de secundaria, bacharelato e Formación Profesional traballarán en retos formulados por entidades do terceiro sector como ASPACE Coruña, Amencer-ASPACE, APAMP e Cruz Vermella A Coruña, centrada no colectivo das persoas maiores.
A experiencia da quinta edición servirá de guÃa para os novos equipos, que agora seguirán o camiño aberto por proxectos como unha aplicación visual para facilitar o uso de electrodomésticos a persoas con alzhéimer; un sistema de pictogramas impresos en 3D con taboleiro interactivo; unha canastra adaptada para fomentar o deporte inclusivo; unha manta de peso con luces terapéuticas; ou un mecanismo para abrir e pechar billas con menor esforzo e maior seguridade.
Manuel G. Penedo, director do CITIC, subliñou que «chegamos á VI edición consolidando Talentos Inclusivos como un referente en innovación social e tecnolóxica feita dende as aulas. O crecemento do programa e o compromiso das entidades colaboradoras permiten levar solucións reais a persoas e colectivos que as precisan». Engadiu ademais que «a alianza entre centros educativos, entidades sociais e empresas reforza a transferencia de coñecemento e acelera o impacto no territorio».
Pola súa banda, Javier Pereira, subdirector do CITIC e coordinador do proxecto, destacou «a oportunidade do alumnado para aplicar as TIC con fin social real, traballando con usuarios/as e profesionais que lles achegan unha perspectiva práctica, ética e inclusiva do uso da tecnoloxÃa».
No acto interviñeron representantes das entidades e institucións colaboradoras —Xunta de Galicia, Concello da Coruña, Deputación da Coruña e Universidade da Coruña—. Ao longo da sesión, persoas usuarias de ASPACE Coruña, persoal investigador do CITIC e representantes do profesorado e do alumnado dos centros participantes compartiron experiencias e aprendizaxes das edicións anteriores.

- Asistentes á presentación desta mañá na Domus

- A Domus conta cun espazo expositivo para algúns proxectos froito de Talentos Inclusivos

- Solucións como un soprador de candeas de aniversario captan bastante atención do público da Domus
