TecnoloxÃa Bluetooth (e galega) para felicitar o Nadal no centro Ponte Vella de Ourense
venres, 22 de decembro do 2006
O Centro Comercial Ponte Vella de Ourense vén
de botar man da imaxinación para facer uso do móbil co fin de estar un pouco máis
preto dos clientes nestas datas. Isto vai ser posible grazas á ferramenta
Wilico, co que o dito centro poderalles enviar ós seus clientes un vÃdeo de
felicitación de Nadal amais da programación de actividades que terán lugar no
recinto ó longo destas festas.
As mensaxes, que chegarán previa autorización dos clientes mediante tecnoloxÃa
Bluetooth, forman parte dunha campaña multimedia desenvolvida pola produtora
galega Dyr Producións Audiovisuais, con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia
(Ourense), en colaboración cunha empresa barcelonesa.
A ferramenta empregada polo centro comercial ourensán, denominada Wilico,
detectará de xeito automático a presenza de móbiles, axendas electrónicas ou
outros dispositivos equipados con Bluetooth ou infravermellos e emitirá unha
solución de permiso para enviar a información. Unha vez recibida a autorización
por parte do cliente, este recibirá os contidos adaptados ó tipo de soporte co
que conta asegurando unha boa compatibilidade entre o emisor e o receptor. Trátase
dun novo xeito de publicidade non convencional pioneiro en Ourense e pensado
para chegar ó cliente dun modo diferente.
