Telefónica podería dobrar a velocidade do ADSL

martes, 13 de maio do 2008

Dende a web ADSLZone anuncian que Telefónica non só aumentará a velocidade dos 65.000 clientes de ADSL rural (pasando de 512 Kbps a 1 ou 3 Mbps) senón que tamén ofrecerá un novo Dúo ADSL 6 megas dende 40,90 euros, ou sexa, que daría unha conexión de 6 Mbps de velocidade de descarga e 320 Kbps de subida polo mesmo prezo que actualmente ten o Dúo 3 megas con antivirus.
Tamén lembran que en setembro poderían comezar a comercializar conexións de 30 Mbps.

PUBLICIDADE