Todo o que quixemos saber sobre os fundamentos en xestión de proxectos, nun novo curso de Vitae
mércores, 22 de febreiro do 2023
Vivimos
tempos incertos, asediados por crises diversas que afectan
directamente ás empresas. A nivel de traballo, todo o que se faga
por aumentar a efectividade, sacar o máximo rendemento aos recursos
cos que contamos e optimizar a xestión manteranos por forza no bo
camiño. Isto é aplicable a calquera empresa de calquera sector,
pero especialmente importante no sector TIC. “Utilizar as boas
prácticas na xestión de proxectos achéganos certidume no
desenvolvemento de proxectos, axudando a que a planificación sexa
máis realista e detallada e o seguimento e control máis ordenado, o
que sempre resultará beneficioso para acadar os resultados
previstos”, explican dende a consultora Vitae, que organizan este
mes de marzo, en formato de aula virtual, o
curso Fundamentos en Xestión de Proxectos. Serán 15
horas de formación a celebrar os días 13, 16, 20, 23 e 27 de marzo.
Sobre
os beneficios desta nova actividade formativa, a consultora galega
Vitae engade que “os procesos directivos existentes, os documentos
recomendados e as ferramentas e técnicas dispoñibles axudarán ao
director do proxecto e ao seu equipo a aportar unha visión a longo
prazo do proxecto e a materializalo de maneira máis coherente e
sistemática”.
Os
obxectivos concretos do curso son os seguintes:
-Coñecer
as boas prácticas de dirección de proxectos internacionalmente
recoñecidas.
-Coñecer
o vocabulario específico da disciplina, o cal tamén é
internacionalmente recoñecido.
-Definir
o ciclo de vida dun proxecto e determinar os procesos directivos en
base ao seu tamaño, complexidade, incerteza e natureza.
-Coñecer
as ferramentas máis axeitadas para o seguimento e control do
proxecto, así como os informes que poden xerarse.
O
curso está dirixido a profesionais que estean participando na
xestión de proxectos dende diferentes roles, estean familiarizados
sobre fundamentos de boas prácticas e queiran afianzar coñecementos
e adquirir outros novos, que les axuden a ter unha percepción global
do ciclo de vida dun proxecto, as súas fases e as ferramentas e
técnicas recomendadas.
A
persoa encargada de impartir os contidos será Isaac Olalla Del Real,
licenciado en Dereito (Universidade Complutense de Madrid) amais de
ser un profesional certificado co PMP e co PMI-RMP por parte do
Project Management Institute. Trátase dun experto en xestión de
iniciativas innovadoras, con máis de 15 anos de experiencia neste
ámbito e preto dunha década como formador, impartindo cursos de
xestión baseada na metodoloxía PMI. Polas súas actividades de
adestramento xa pasaron máis de dous milleiros de persoas,
formándose en xestión dunha PMO, en xestión de riscos e en xestión
avanzada de proxectos. Ten traballado para Telefónica, Vodafone,
Deloitte, IECISA, BT, a DXT, Bankinter, FedEx, o Ministerio de
Industria, Votorantim, OHL ou a Xunta de Galicia.
