ToponimÃzate, a campaña para a recolla de nomes de lugares, chega a DumbrÃa e Begonte
mércores, 15 de novembro do 2023
- Vicente Feijoo
A Real Academia Galega (RAG) co apoio da SecretarÃa Xeral de
PolÃtica LingüÃstica vén de anunciar que segue adiante coa súa
campaña ToponimÃzate. Falámosche dos nomes da túa terra.
Desta volta chegará a DumbrÃa (A Coruña) e Begonte (Lugo) este
venres, con dúas novas charlas sobre a orixe e o significado dos
nomes de lugar de ambos os concellos. Este proxecto permitiralle ao
público asistente aprender a empregar a aplicación colaborativa
Galicia
Nomeada, deseñada para facilitar a participación
cidadá na recolla e xeolocalización de nomes de leiras, montes
camiños ou fontes dende un dispositivo móbil. A dita plataforma,
nada a finais de 2019, recibiu unhas 68.000 achegas por parte das
máis de 3.200 persoas e entidades colaboradoras.
Indo ao miolo, o Centro Social de DumbrÃa acollerá este venres 17
de novembro a partir das 12 horas a primeira sesión do dÃa, mentres
que en Begonte a sesión terá lugar na Casa da Cultura a partir das
19:30 horas. O coordinador técnico de Galicia Nomeada, o
filólogo da RAG Vicente Feijoo, impartirá ambas as charlas, que
contan coa colaboración do académico de número Gonzalo Navaza na
parte etimolóxica.
Engadir que DumbrÃa e Begonte comparten o feito de teren a súa
microtoponimia sen recoller pois ningún destes municipios formou
parte no seu dÃa do Proxecto Toponimia de Galicia. Ademais, até o
momento as persoas colaboradoras incluÃron só unhas ducias de
topónimos en cada concello, polo que a Real Academia Galega convida
a todas as persoas interesadas no patrimonio inmaterial toponÃmico a
asistir a estas sesións e formar parte de Galicia Nomeada coas
súas achegas.